Empresarios de Pol e Meira están invitados a unha xuntanza do Xeodestino Ancares-Terras de Burón

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Este luns, 28 de novembro, ás 10:00 horas, no salón de plenos do Concello de Meira, terá lugar unha xuntanza informativa.
pedregal de Irimia_meira
27 Nov 2022

Este luns, 28 de novembro, ás 10:00 horas, no salón de plenos do Concello de Meira, terá lugar unha xuntanza informativa organziada polo Xeodestino Ancares-Terras de Burón, ao que pertencen os concellos de Pol e Meira.

Esta xuntanza está dirixida a todas aquelas empresas, profesionais, emprendedores e todas as persoas que estean interesadas en coñecer o Xeodestino Ancares - Terras de Burón e beneficiarse das ventaxas de pertencer a el.

Principalmente está convocada para sectores como o aloxamento, restauración, productores agroalimentarios, transporte público... etc.

Durante a sesión falarase de que é un xeodestino, que produtos turísticos se están a promocionar, como se pode beneficiar unha empresa ou profesional do mesmo e a relación que ten o xeodestino co program Leader.

Na sesión intervirán representantes dos concellos de Meira e Pol, axente de turismo de Meira, xerente do GDR e do Xeodestino e asistenza técnica do mesmo.

0.16709899902344