Empresarios de Vilalba celebra este sábado o seu Desfile do Comercio Local

TerraChaXa
Contará ademais con actuacións musicais a cargo de Edrodance e coa celebración dos sorteos da campaña Volta ao Cole
desfile-de-moda
17 Oct 2025

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra este sábado 18 de outubro ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal, unha nova edición do Desfile do Comercio Local, co que pon o broche final a un ano cheo de actividades de dinamización comercial.

Dende novembro de 2024 ata outubro de 2025, desenvolvemos numerosas campañas para apoiar e dar visibilidade ao noso comercio local. Este é o segundo ano que Vilalba é recoñecida como Centro Comercial Aberto, o que nos permite cofinanciar todas estas accións grazas ao apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Concellería de Comercio do Concello de Vilalba.

Nesta ocasión, subirán á pasarela as tendas Urbo, Retoños, Carber, Texas, As Nubes, Lanas Pingüin, Luis Castro, Novalux, Que Ves e Zokos, que presentarán as súas propostas de moda e complementos para a tempada outono-inverno 2025/2026.

O desfile contará ademais con actuacións musicais a cargo de Edrodance, que engadirán ritmo e dinamismo á velada, e coa celebración dos sorteos da campaña Volta ao Cole, nos que se entregarán dous viaxes en caravana.

Dende a Asociación de Empresarios destacan que o obxectivo do evento é poñer en valor o esforzo, a creatividade e a calidade do comercio vilalbés, ao tempo que se ofrece un espectáculo para toda a familia.

“Queremos que o público goce, que os comercios teñan visibilidade e que o desfile sirva para reforzar a importancia de mercar no noso comercio local”, sinalan desde a directiva da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.070479869842529