Empresarios de Vilalba reclaman máis compromiso do goberno municipal

TerraChaXa
A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba demanda ao goberno local que "estea á altura das circunstancias que afectan ao tecido empresarial local, dende ou pequeno comercio ás industrias produtivas" e que "deixe temas menos prioritarios para cando toque", en referencia á colocación duns valos na zona de aparcamento do polígono na que se prohibe aparcar.
WhatsApp Image 2020 04 08 at 19.30.46
10 Abr 2020

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba demanda ao goberno local que "estea á altura das circunstancias que afectan ao tecido empresarial local, dende ou pequeno comercio ás industrias produtivas" e que "deixe temas menos prioritarios para cando toque", en referencia á colocación duns valos na zona de aparcamento do polígono na que se prohibe aparcar.

Asegura a directiva da asociación de empresarios que "non temos ningunha noticia dende o Concello de quen as colocou, nin cando, nin ou porqué nin sonse medidas esenciais e prioritarias ante a crise do Covid-19". Engaden que non entenden "que fagan poñer en risco aos traballadores para ir ao Polígono pola noite a colocar estas sinalizacións de non aparcar, cando por desgracia moitas das empresas de Vilalba están en risco de non ter nin actividade cando todo esto pase".

Lembran que a entidade estivo "sempre disposta a colaborar coas administaciones con medidas como a recente plataforma Vilalbasuma e gustaríanos recibir o mesmo trato para os nosos socios e socias. Como representantes dos empresarios e empresarias de Vilalba, gustaríanos ter visto outras imaxes coma a do Concello de Riotorto ou o de Lugo onde o goberno local está tomando medidas para axudas aos traballadores e traballadoras e as súas empresas para que podan afrontar esta crise con algún tipo de axuda", conclúen.

0.14199900627136