En exposición pública a mina de seixo do Concello de Abadín

TerraChaXa
Dito proxecto é unha mina de seixo, de extracción de cuarzo e trátase da ampliación dun proxecto xa existente
Mina-de-Seixo-Abadín
26 Dec 2024

O Sindicato Labrego Galego informa de que se atopa en exposición pública ata o 28 de xaneiro o proxecto de explotación, o Plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de pase a concesión da explotación Mondoñedo fracción 2ª número 5767.2, situado no Concello de Abadín.

Dito proxecto é unha mina de seixo, de extracción de cuarzo e trátase da ampliación dun proxecto xa existente. Esta nova fase abarca tres zonas. A zona A 11,95 hectáreas en azul, na zona B 28,92 en amarela e na Zona C 53,36 en vermello.

No mes de xaneiro, unha vez analizado o proxecto, convocarase unha reunión na zona para informar a veciñanza e achegarlles un modelo de alegacións para quen desexe  presentalas.

0.14142608642578