En febreiro darán comezo na Pastoriza tres talleres de memoria

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza acollerá en febreiro varios cursos de memoria, ocio e tempo libre.
20 Xan 2020

O Concello da Pastoriza acollerá en febreiro varios cursos de memoria, ocio e tempo libre.
O primeiro será de memoria na propia capitalidade e dará comezo o día 3 de febreiro con clases todos os luns entre as 17.15 e as 18.45 horas. Terá lugar na Casa da Música.

Todos os lunes tamén, a partir do día 3, haberá taller de memoria, ocio e tempo libre en San Cosme de Piñeiro, concretamente na Escola de San Cosme. O horario será de 15.30 a 17.000 horas.

Finalmente, os mércores, entre as 16.00 e as 17.30 horas, haberá taller de ocio e tempo libre en Bretoña. O lugar de reunión será o teleclub. Dará comezo o 5 de febreiro.

0.1920280456543