En marcha un programa formativo sobre á produción de leite de vacún e as cooperativas

TerraChaXa
AGACA, pon en marcha o programa formativo Incorporación a la produción de leite de vacún e consolidación das cooperativas lácteas. 
formacion leiteira curso 1
14 Ago 2021

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, pon en marcha o programa formativo Incorporación a la produción de leite de vacún e consolidación das cooperativas lácteas.

A formación diríxese a persoas en situación de desemprego, sen coñecementos previos en produción de leite de vacún, co fin de capacitalas para crear o seu propio posto de traballo no sector e que se incorporen como socias a cooperativas, facilitando así a comercialización dos seus produtos e reforzando o tecido empresarial cooperativo. A formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.

O programa arrinca o 13 de setembro, co curso Incorporación á explotación agraria: orientación vacún de leite, de 250 horas, que abarca dende a xestión técnico –económica dunha empresa agraria ata a agrotecnoloxía.

Quen complete con éxito esa formación avanzará a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos.

As persoas interesadas en participar deben matricularse, ata o 26 de agosto, cubrindo un formulario en www.agaca.coop.  A formación impartirase a través de Internet, na modalidade de Aula Virtual.

formacion leiteira curso
0.21362400054932