En Marea pide unha solución inmediata para as familias que non levan aos seus fillos a colexios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 sep 2019

O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo reunións con integrantes da comunidade educativa lucense para coñecer cal é a situación que obriga a mil familias lucenses a deixar sen escolarizar as súas fillas e fillos por causa das obras que se están levando a cabo en distintos centros da provincia de Lugo, Casás, na capital, A Fonsagrada e Cervo. En algúns destes casos, a Consellería de Educación prometera desenvolver as obras durante o período vacacional, pero se iniciaron xa no mes de setembro. Luís Villares sinalou que Educación debe ofrecer unha solución inmediata ao alumnado, ás familias e ao profesorado pola distorsión na vida académica e familiar por causa das obras.

O voceiro de En Marea lembrou que, ademais, a titular de Educación da Xunta "explicou onte no Parlamento de Galicia que xa non había ningún problema en centros como o de Casás", pero Villares diante do colexio de Casás, recalcou que "os problemas non están solucionados". Subliñou o voceiro que como aseguro a conselleira "segue habendo ruídos e dos accesos ao centro son irregulares".

Para Villares este inicio de curso "é anómalo" porque os "nenos e nenas non estás acomodados nas aulas que lle corresponderían nin nas condicións propias dun centro". O voceiro de En Marea sinalou que ao centro de Casás "non acudiron nin a metade do alumnado que está matriculado". Unha situación similar en a obras e asistencia do alumnado sucede no CEIP de Foz e "esa metadade que acuidiu está todos xuntos na sala do profesorado separados uns de outros por biombos e sen sitio para o recreo".

Tal e como describiu o voceiro de En Marea, a situación é peor no centro de Cervo, "onde está mañá ningunha alumna nin alumno piso o centro polas obras que se están realizando no mesmo". As obras tamén perturban o normal desenvolvemento da vida escolar no colexio de A Fonsagrada". Villares cuantificou en "arredor de mil nenas e nenos na provincia de Lugo que iniciaron o curso con normalidade".

Considera que, unha vez máis, a Xunta non está ofrecendo unha planificación eduactiva responsable porque, segundo comentou, "é obvio que se coñecía cando era o comezo de curso e as obras terían que ter comezando antes e tendo en conta o calendario escolar". No caso de que as obras non tivesen rematado, "Educación tería que ter avisado a pais e nais e a profesores e ter fornecido á comunidade educativa destes centros duns espazos axeitados para o traballo eduactivo mentres duren as obras". Villares apuntou tamén que sería importante que a conselleira non tentanse "enganar á xente asegurando unha normalidade que non é tal como fixo onte no Parlamento".

0.26209616661072