En Marea solicita a implantación de dúas titulación de FP ligadas ao agro en Vilalba

TerraChaXa
En Marea reclama a implantación en Vilalba de dúas titulación de formación profesional vinculadas ao sector agrogandeiro.
 sX5NSwPWu0JyXMsCO9zouaR14SCW25uyGXkYlHnlkDeuD_FOBBNLtlS6_EZw2VPxqa7l9J4965Ghn3HplsTYZQOdUZQUTwJd3kvXyG1r kQtXmrPxpaKPu_w2uWTRjpr23vuxcmrVRKxUWLwCOqQLPHucT 7kJMmRRPsL3W7bw=s0 d e1 ft
27 Nov 2018

En Marea reclama a implantación en Vilalba de dúas titulación de formación profesional vinculadas ao sector agrogandeiro. Trátase dos ciclos formativos de Técnico de Explotacións Agrarias, e en Procesos de Calidade na Industria Alimentaria cuxa posta en marcha xa reclamara o propio Concello, por iniciativa de Vilalba Aberta; e que sen dúbida permitirían incrementar as posibilidades de empregabilidade da mocidade dun municipio "eminentemente agrario, e que se caracteriza por contar con dúas das máis importantes empresas de transformación de leite".

En Marea destaca o incremento de posibilidades laborais e de creación de emprego que permitiría a adaptación dunha oferta formativa en consonancia coa realidade socioeconómica e as necesidades do tecido produtivo da localidade. Así o defendeu a deputada Luca Chao na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia; na que, contravindo a postura que previamente mantivera no Concello de Vilalba, o Partido Popular se manifestou en contra da posta en marcha destas titulacións.

A creación destes ciclos formativos permitiría, ademais, atallar o problema de falta de relevo que afecta ás explotacións agrogandeiras e pon en risco o futuro do rural galego. "A substitución xeracional resulta aínda máis complicada sen a necesaria e oportuna formación. Unha formación, paralelamente, sen a cal o traballo agrario está inxustamente infravalorado. Neste senso, é hoxe máis necesario ca nunca poñer en valor o traballo agrario para que as mozas e os mozos o vexan como unha oportunidade de futuro e se recupere o interese por continuar coas actividades iniciadas polas súas familias, modernizándoas e adaptándoas a unhas novas tecnoloxías que as fagan competitivas no contexto actual", destaca a deputada de En Marea.

A pesar da demanda e das necesidades reais existentes, o Partido Popular impuxo unha vez máis o seu criterio "curtopracista e economicista", ao vetar a creación destas titulacións. Nese senso, Luca Chao denunciou o cinismo da formación conservadora, que aposta pola propaganda nos concellos, pero cando se trata realmente de tomar decisións que melloren a calidade de vida da cidadanía opta polo non.

"É necesario repensar o mapeo da formación profesional atendendo ás necesidades do territorio, pois a oferta actual non se adecúa ás demandas da mocidade, e non é nen de lonxe a mesma no rural que nas cidades", defendeu Luca Chao, que tamén destacou o "problema engadido da mobilidade que afecta ás mozas e mozas do rural, obrigados a desprazarse para estudar; e ao que a Consellería tampouco dá resposta".

0.24385499954224