En xullo terá lugar unha nova queda no campo de traballo internacional da Neveira
O día 9 de xullo comezarán a traballar os rapaces e rapazas que estarán no campo de traballo da Neveira, que xestiona a Xunta de Galicia, e que consiste nunha escavación arqueolóxica con 20 prazas internacionais.
Os rapaces estarán no campamento ata o 20 de xullo nunha única quenda que todos os anos atrae a moitos estudantes para coñecer de preto o que é unha excavación arqueolóxica, neste caso dunha antiga neveira.
O traballo consistirá na limpeza dos arredores da neveira nun radio de 15 metros e no baleirado controlado do seu interior (pezas de cantería e depósitos de terra que ocupan o interior debido aos diferentes procesos de destrución e alteración sufridos polo paso do tempo), ademais de documentación e topografía.
Ademais realizarán obradoiros de artesanía cos artesáns da comarca, actividades deportivas nas instalacións municipais, de lecer na praia fluvial, rutas de sendeirismo, visitas e excursións a lugares de interés da contorna.