Endesa comunica o peche das súas centrais, entre elas a das Pontes
"De conformidade co establecido na Lei do Mercado de Valores, Endesa decidiu adiantar o peche das súas centrais entre elas a das Pontes", con estas palabras fixo público a empresa a intención de pechar de forma definitiva non só a pontesa senón tamén as centrais de carbón de Litoral, Compostilla e Andorra.
Así, a empresa dí que "durante o ano 2019 produciuse unha profunda modificación nas condicións de mercado que afectan ás centrais térmicas de carbón, derivadas fundamentalmente do prezo internacional das commodities e a efectividad dos novos mecanismos de regulación do mercado de dereitos de emisión de dióxido de carbono, CO2, que despraza ás centrais de maior volume de emisións en beneficio doutras tecnoloxías". Segundo indican, esta situación estructural determinou que as centrais térmicas peninsulares de carbón non resulten competitivas, xa que logo o seu funcionamento non resulte previsible no mercado de xeración eléctrico no futuro.
De pouco serviron as caravanas de protesta que organizaron os traballadores das Pontes, coñecedores da posibilidade de peche, desde esta localidade nas últimas semanas. A decisión coñeceuse mediante un feito relevante enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
Tanto As Pontes como Litoral salváronse da primeira criba que fixera a empresa, que si incluíra as de Compostilla e Andorra nos seus plans de clausura para 2020. As dúas centrais incumpren as condicións ambientais fixadas pola UE e Endesa decidiu non abordar os investimentos necesarios para acadar os límites de emisións establecido. Desa forma, estas dúas centrais non poderán seguir funcionando a partir do 30 de xuño do próximo ano por esa razón.
A clausura das Pontes non ten data, depende do permiso que debe recibir a empresa do Ministerio para a Transición Ecolóxica aínda que se estima que non será máis aló de dúas ou tres anos. A ministra Teresa Ribeira convocará o luns unha reunión cos traballadores, os axentes locais e a empresa para coñecer de primeira man a situación, valorar escenarios e estudar as actuacións.
A EMPRESA
O Consello de Administración de Endesa aprobou promover a discontinuidade da produción das súas centrais térmicas de carbón na Península, "de conformidade cos trámites e procedementos legalmente establecidos e evaluar opcións de futuro en devanditos emprazamentos". Afirman tamÉn que esta medida non se espera que teña un impacto relevante na marxe de explotación da compañía. Adicionalmente, Endesa ten previsto aumentar de xeito significativo no seu próximo plan estratéxico, que será aprobado antes de fin de ano, os investimentos destinados á construción de nova capacidade de xeración renovable.
O valor neto contable, a data de hoxe, do conxunto de centrais térmicas de carbón peninsular ascende aproximadamente a uns 1.300 millóns de euros, que inclúe o importe estimado da provisión para o desmantelamento destas centrais. A decisión adoptada polo Consello de Administración de Endesa de acelerar o compromiso de descarbonización discontinuando a produción de xeración térmica peninsular de carbón e a análise a realizar do valor recuperable destas instalacións podería implicar o rexistro contable dun deterioro de valor destes activos por un importe máximo equivalente á totalidade do seu valor neto contable, o que, no seu caso, reduciría o importe futuro das amortizaciones estimadas no conxunto de centrais.
O detalle dos importes que se rexistrarán a 30 de setembro de 2019 farase constar nunha nota específica do informe de xestión consolidado correspondente ao periodo de nove meses terminado nesa mesma data, que está previsto que se faga público e l próximo 5 de novembro de 2019.
O actual plan de Endesa prevé a instalación de 1.900 MW 'verdes' ata 2021, dos cales 879 MW procederán de eólicos e solares. E ademais acelerar o impulso ás enerxías renovables e desenvolver entre 7.000 e 8.000 MW 'verdes' adicionais entre o 2021 e 2030.
Gran parte destes investimentos nos próximos anos da enerxética en enerxías renovables poderían ter Galicia e Andalucía como importantes destinos.
PRIMEIRA REACCIÓN
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, ante o comunicado remitido por Endesa á Comisión Nacional do Mercado de Valores amosa a súa gran preocupación xa que “aínda que o comunicado non sinala a data de peche para a central térmica si fala de desmantelamentos futuros”.
Por este motivo, desde o Concello das Pontes se esixe, de forma inmediata, unha resposta clara, tanto de Endesa como do Ministerio de Transición Ecolóxica sobre cal vai ser o escenario a curto prazo "e esiximos o compromiso da Administración e a empresa co colectivo máis vulnerable nesta situación, que son os traballadores e traballadoras vencellados ao complexo eléctrico", conclúen.
Por outra banda, o rexedor apunta que desde o Concello “continuaremos traballando con toda a sociedade pontesa para reclamar medidas de compromiso co emprego do complexo eléctrico”.