Endesa doa 25.000 máscaras de protección á Xunta, Concello e Chuf
Endesa donou un total de 20.000 novas máscaras de protección á Xunta de Galicia nos últimos días, aportación que se suma ás 50.000 entregadas anteriormente ao Concello das Pontes e outras 2.500 respectivamente para o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf).
Segundo indicaron nesta ocasión as máscaras irán destinadas á rede autonómica de residencias de persoas maiores, "como mostra do noso apoio a ese segmento de poboación e moi especialmente a quen se ocupa de coidar aos anciáns", expresou o director xeneral territorial de Endesa, Miguel Temboury.
Esta iniciativa forma parte do Plan de Responsabilidade Pública da empresa, dotado con 25 millóns de euros, para axudas directas á compra de material, condicións especiais de subministración eléctrica e donazóns.