Endesa reármase para unha posible volta á produción

TerraChaXa
Sorpresa nas Pontes ante un cambio de dirección de Endesa. A central fixo unha compra de carbón e mobilizou xa aos transportistas.
termica as pontes endesa
11 Oct 2021

Sorpresa nas Pontes ante un cambio de dirección de Endesa. Cando o peche da central parecía estar á porta da esquina a central fixo unha compra de carbón e mobilizou xa aos transportistas para levar a carga ás Pontes.

Segundo explican isto é debido a que Rede Eléctrica prepárase para a parada das centrais nucleares estes próximos meses de novembro e decembro e busca fórmulas para poder garantir a subministración. O xestor técnico do sistema pediu ás compañías eléctricas que aínda non dispoñen das autorizacións de peche das súas centrais de carbón que informen sobre a súa dispoñibilidade.

Tras esta petición, Endesa decidiu volver a aprovisionarse para facer fronte á posibilidade de que a súa produción poida ser necesaria para algunha carencia de subministración eléctrica. Parece ser que dende REE aseguran que non se lle fixo esta solicitude á compañía.

Xa está confirmado que Endesa realizou unha compra de preto de 80.000 toneladas de carbón destinados á súa planta de Pontes. A central segue activa no mercado e realizando ofertas a diario, tal e como esixe a normativa, aínda que habitualmente non resulta casada a súa produción.

Co actual incremento dos prezos do gas natural, as centrais de carbón volven ser competitivas, malia os prezos das emisións de CO2 que se atopan tamén en niveis récord con máis de 60 euros/Tn.

Ademais, debido a esta situación, os prezos do carbón volveron acadar esta mesma semana un nivel récord pola escaseza global de gas.

Endesa ademais segue tendo licenza para poder operar na central de Litoral, que tamén podería entrar a producir previsiblemente ata o 1 de xaneiro de 2022.

0.14616298675537