Endesa recibe o carbón necesario para unha posible posta en marcha

TerraChaXa
A central recibiu este xoves 20.000 toneladas de carbón traídas nun bunker desde EE.UU. para facer provisión para produción enerxética.
termica as pontes endesa
29 Oct 2021

A central das Pontes recibiu este xoves 20.000 toneladas de carbón desde EE.UU. Desta forma, a central das Pontes fai provisión de carbón destinado á produción enerxética.

O abastecemento prodúcese nun momento no que Endesa está inmersa no proceso de solicitude de peche da fábrica. E aínda que todo apunta a que terá a autorización para levalo a cabo, debido a que está a realizar os trámites que esixe o regulamento, de momento non a ten.

Endesa empezaría a preparar esta central térmica a principios deste mes de outubro. A compañía, que planeaba o seu peche desde 2019, xa recibiu 20.000 das 200.000 toneladas de carbón que pedira.

Detrás da posibilidade de que volva operar, a térmica atópase a escalada dos prezos da electricidade, pola ameaza de restricións do sector gasista e por algunhas paradas programadas en centrais nucleares do país.

Aínda así, Endesa asegura que este acopio de material é debido a unha esixencia da lei, que lle obriga a estar preparado para operar en caso de necesidade, pero que nun principio non hai previsión de reiniciar a actividade.

0.17366313934326