Enrique Penabad será fillo adoptivo do Valadouro
TerraChaXa | AMariñaXa
Enrique Penabad será fillo adoptivo do Valadouro, foi director durante 35 anos no Ceip Santa María, deixando unha gran pegada nos alumnos.
6 Nov 2020
Na Sesión Plenaria celebrada no día de onte no Concello do Valadouro, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade, a proposta do equipo de Goberno, iniciar o expediente para nomear como fillo adoptivo do Valadouro a Enrique Penabad.
Enrique Penabad foi director durante 35 anos no Ceip Santa María, deixando unha gran pegada no recordo dos seus alumnos, a súa implicación na vida do municipio sempre foi máis aló das aulas implicándose tamén na actividade cultural e deportiva.