Ensaian o uso de enerxía solar nun vehículo e no IES Lois Peña Novo

TerraChaXa
O IES Lois Peña Novo de Vilalba presentou un innovador proxecto de aproveitamento da enerxía solar desenvolvido ao abeiro do Programa Innova.
lois pena novo coches
18 Xuño 2021

O Instituto de Educación Secundaria (IES) Lois Peña Novo de Vilalba presentou un innovador proxecto de aproveitamento da enerxía solar desenvolvido ao abeiro do Programa Innova da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O seu obxectivo é demostrar a viabilidade dun vehículo impulsado por enerxía solar e, en colaboración cunha empresa española, realizar as probas dun novo cargador para a súa próxima saída ao mercado.

Esta iniciativa comezou coa instalación de placas fotovoltaicas na cuberta dun dos talleres, que xa están proporcionando un aforro do 20% no consumo enerxético do centro e unha redución de emisións contaminantes á atmosfera.

O centro avaliará parámetros como o consumo, carga ou duración para demostrar a viabilidade do vehículo solar, e publicará informes que poderán ser consultados por calquera persoa interesada a través do código QR impreso na carrocería.

Ao mesmo tempo, traballa coa empresa privada nun prototipo de cargador que utilizará a enerxía do vehículo como batería, de forma que en caso de emerxencia poida reutilizarse para outros usos, como abastecer puntualmente as necesidades básicas dunha vivenda.

“Este é un perfecto exemplo da calidade da Formación Profesional que se imparte en Galicia, un traballo rigoroso en colaboración co tecido industrial para avanzar en proxectos innovadores e sustentables”, loubaron os asistentes.

0.15352296829224