Enxalzan as melloras realizadas na praza de abastos das Pontes

TerraChaXa
El director general de Comercio y Consumo, la delegada de la Xunta y el alcalde de As Pontes visitaron las instalaciones
visita-praza-abastos-as-pontes
11 Jan 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor o potencial do mercado de abastos das Pontes ao que no 2023 e 2024 a Xunta concedeu axudas por un valor de arredor de 100.000 euros no marco da convocatoria que busca impulsar os Mercados Excelentes en Galicia.

Estes apoios destináronse ás actuacións de rehabilitación e reforma interior e parcial realizadas na planta de abaixo do mercado e que hoxe comprobou o director xeral nunha visita a este edificio na que tamén estivo o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso. Esta mellora das instalacións abarcou traballos para unificar a imaxe frontal dos postos dos praceiros, así como tarefas de mellora da acústica e térmica do espazo común. Tamén incluíu a renovación de aseos, da accesibilidade e a dotación de taquillas. A esta achega súmanse as orientadas a accións de mentorización e formación dos praceiros deste mercado.

Gabriel Alén subliñou que coas axudas a este tipo de actuacións o Goberno galego busca afondar na revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego e lembrou que as prazas de abastos coma a das Pontes terán un importante papel no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que se presentará no primeiro trimestre deste ano.

0.1507089138031