Entra en funcionamento o cambio de sentido na rúa da Pravia

TerraChaXa
Esta medida enmárcase nos plans de mobilidade e mellora do tráfico promovidos pola Vicealcaldía, co obxectivo de optimizar a circulación e facilitar o acceso ao comercio local
rua-da-pravia-cambio-de-sentido
9 Nov 2024

Xa é efectivo o cambio de sentido de circulación na rúa da Pravia desde este sábado ás 10:00 horas. A rúa e adxacentes contan con sinalización viaria provisional para facilitar a transición. Ademais, leváronse a cabo traballos de pintado da vía en días previos.

O xoves 7 de novembro comezaron as modificacións na sinalización para adaptar a rúa ao novo sentido de circulación, para o que foi necesario o pecha da rúa en varias ocasións. Durante a mañá tamén estivo prohibido o estacionamento a primeira hora para que os vehículos puideran aparcar xa seguindo a nova dirección.

Esta medida enmárcase nos plans de mobilidade e mellora do tráfico promovidos pola Vicealcaldía, co obxectivo de optimizar a circulación e facilitar o acceso ao comercio local.

Modesto Renda, acompañou dende as horas previas aos axentes da Policía Local e, logo de contrastar a actuación coa veciñanza a pé de rúa, puxo en valor o “civismo e total predisposición” dos vilalbeses/as de cara a que o cambio se desenvolvera con normalidade.

Así mesmo, o tenente de alcalde destacou tamén moi especialmente o “fundamental traballo” dos axentes da Policía Local e lembrou que o Concello extremará a vixilancia, tanto na nova entrada como na saída da rúa nos primeiros días e que a nova sinalización vertical e horizontal colocada dende xoves con carácter permanente, reforzarase con valos informativos en diferentes puntos do centro urbano.

0.19430589675903