Entran en vigor as rebaixas fiscais para os galegos

TerraChaXa
Entraron en vigor en Galicia, desde o 1 de xaneiro, as novas rebaixas fiscais previstas para o vindeiro exercicio tras a publicación no Diario Oficial de Galicia da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019, así como a Lei de medidas fiscais e administrativas.
7 Xan 2019

O 1 de xaneiro tamén entraron en vigor as novas rebaixas de impostos incluídas nestes Orzamentos, que se unen ás xa aprobadas polo Goberno galego nos últimos anos, como a do IRPF, a do Imposto sobre Sucesións ou o programa de impostos cero no rural.

Entre as novidades está a rebaixa do 8% ao 7% no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (ITP) no caso de vivenda usada para uso habitual, unha baixada que será do 4% ao 3% no caso de familias numerosas, persoas con discapacidade e mozos menores de 36 anos. A Xunta estima que esta rebaixa vai beneficiar uns 10.000 galegos ao ano.

O 1 de xaneiro tamén entrará en vigor a baixada no Imposto sobre Sucesións e Doazóns nas herdanzas entre irmáns, de xeito que o 60% destas herdanzas quedarán libres de tributación. A Xunta tamén reverte a suba do Imposto sobre o Patrimonio de 2013, de modo que Galicia volve ter a tarifa estatal, e apróbanse novas deducións no eido da innovación.

0.1079089641571