Entrega de contos solidarios no campamento de Guitiriz

TerraChaXa
A Asociación Lar de Unta e a NPG Nova Poesia Guitirica, coa Asociacion Xermolos, organizan a presentación dun proxecto solidario vasco social e literario, que terá lugar o luns 19 de agosto ás 20:30 no Lar de Unta, en Betanzos.
Captura de pantalla 2019 08 12 a las 9.09.11
16 Ago 2019

A Asociación Lar de Unta e a NPG Nova Poesia Guitirica, coa Asociacion Xermolos, organizan a presentación dun proxecto solidario vasco social e literario, que terá lugar o luns 19 de agosto ás 20:30 no Lar de Unta, en Betanzos. Estará a poeta Teresa Ramiro e os responsabeis de AGALIR Ediciones solidarias Iñaki Urdangarín e Agurtxane Estrada. Previamente, ás 12.00 horas, haberá un acto en Guitiriz.

Agalir Ediciones Solidarias foi creada para poder publicar o libro Sentimientos de Cristal, do cal, unha parte de cada libro vendido dóse ao neno Lucas Argoitia, un cativo que ten a enfermidade chamada ósos de cristal. Para xestionar a parte solidaria deberon fundar unha asociación que chaman igual que o libro, Sentimientos de Cristal Asociación, na que se ocupa do tema emocional, especialmente nos nenos. Como editorial buscan que cada unha das publicacións teñan un fin solidario, ben polo seu contido, polo siginificado da propia publicación ou pola súa repercusión económica a algún dos proxectos que llevan a cabo, entre os que están Ningún niño sin su cuento" e que consiste en que de cada conto vendido se xenera otro igual que se dona entre nenos máis desfavorecidos (centros de acollida, hospitais, etc). Algúns destes serán repartidos entre nenos dos campamentos de Guitiriz estes días de visita nos que ademáis de Betanzos e Guitiriz (Casa Habaneira o día 19 ás 12:00) recalarán tamén en Melide o día 23 de agosto.

Outra das características das súas publicacións é o plurilinguismo. En todas as publicacións que lles é posiblel, publican en castelán, euskera, galego e catalán, nun afán de que "os idiomas sirvan para entendernos en vez de para pelexarnos, para buscar a curiosidade dos nenos e que queiran aprender desde esa curiosidade, e
tamén para exportar o euskera a outras autonomías e levar os seus idiomas a Euskadi".

Levan seis anos e os proxectos siguen sumando. A súa intención, ademáis de pasar uns días por Galiza, é darse a coñecer e presentar algunha destas publicaciónss entre as que cabe destacar E de Súpeto o Inverno, un libro no que se xuntaron unha vintena de escritores e diferentes artistas (coñecidos e descoñecidos) con Galiza como raíz común (Baldomero Iglesias, Xosé Vazquez Pintor, Paco Ledo, Xulio García Rivas, David Otero, Antom Laia, Teresa Ramiro... entre outros). Ademáis de Sentimientos de Cristal e E de súpeto o inverno, traen un libro/proxecto no que levan traballando un ano Cartas con Remite de Muller e Silenzos de Home, un libro no que máis de corenta vítimas de abusos e maltratos contan nas cartas as súas vidas desde aquel día en que se convirtiron en vítimas, desde a parte máis emocional dun día a día que cada cal resolve á súa maneira pero con un sentir común: "as feridas físicas desaparecen pero as emocionais permanecen no
tempo".

E traen tamén o conto Marichuly a bolboreta, un conto co que poder traballar as emocións nos máis pequenos e que é un dos que entra no proxecto Ningún neno sen o seu conto.

Captura de pantalla 2019 08 12 a las 9.09.11
0.11194705963135