Entregadas as bolsas de estudo de posgrado da Fundación Caixa Rural Notario Vacas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Tres mulleres recibiron estas axudas para estudar en París, Turín e Lisboa
bolsas-posgrado-caixa-rural-notario-vacas
As tres mulleres que recibiron bolsa
26 Jul 2024

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas fixo entrega das bolsas de estudos de posgraduado mediante as cales a Fundación dotará economicamente da totalidade do custo da matrícula e aloxamento durante os meses que dure o máster no país de destino.

O acto realizado na sede central de Caixa Rural Galega en Lugo, acudiron á entrega o presidente da Fundación Tomás Notario Vacas, o vicepresidente da Fundación e presidente de Caixa Rural Galega Manuel Varela López, xunto a Salvador Diz Cerviño, membro do padroado da fundación e o presidente do colexio de veterinarios de Lugo, José Luis Benedito Castellote, catedrático de Sanidade Animal da Universidade de Santiago de Compostela e que participou na comisión de selección.

No acto interviñeron o presidente e o vicepresidente da Fundación e ambos se congratularon en conceder estas bolsas e dar a oportunidade ás nosas novas promesas de seguir progresando e achegando excelencia á comunidade galega. Así mesmo, animaron ás bolseiras seleccionadas para aproveitar a gran oportunidade de realizar estudos no estranxeiro, o que contribuirá ao seu desenvolvemento profesional e persoal.

Pola súa banda as bolseiras seleccionadas agradeceron o labor da Fundación e a oportunidade brindada de continuar a súa formación no estranxeiro, así como expresaron o seu compromiso de aproveitar a experiencia o máximo posible.

O obxectivo destas bolsas é o de contribuír a que os nosos mozos teñan a oportunidade para seguir formándose co propósito de que poida contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia.

Nesta ocasión as bolsas foron concedidas ás graduadas da USC Alejandra López Sánchez que realizará un máster M2 Fundamental Microbiology na Universidade París-Saclay (París); Belén Sanfiz Cadórniga, que realizará un máster en ciencia animal na Universidade de Turín (Italia) e Carmen Fuentes González, que realizará un máster en Enxeñería Agrónoma pola universidade de Lisboa (Portugal).

A Fundación nace co firme propósito de contribuír a que a nosa terra sexa cada día un lugar mellor, cuxa finalidade será promover a investigación e a educación, prestando atención especial ao sector agroalimentario e forestal, e tratando de que quen impulse este coñecemento poidan apoiarse nunha situación que lles poida facilitar medios necesarios para conseguilo.

0.12056493759155