Entregado o premio do concurso de fotografía sobre a muller rural da Pastoriza a Margarita Coroas

TerraChaXa
É a sexta edición deste concurso, á que se presentaron unha vintena de imaxes
entrega-premio-concurso-muller-rural-pastoriza
7 Nov 2024

O Concello da Pastoriza fixo entrega do premio á gañadora e á súa modelo do concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza organizado co obxectivo de visibilizar a través da fotografía as mulleres da terra.

Nesta ocasión o premio foi para Margarita Coroas, que fotografiou á súa nai Sara nun dos momentos de relax do día.

A fotografía, co título A miña idade, posando, contou con 293 me gustas en Facebook, e foi a máis votada nun concurso no que se presentaron unha vintena de imaxes.

Coidando o futuro e Tempo de recoller e gardar pro ano foron as outras dúas máis votadas.

"As fotos publicadas no VI concurso de fotografía muller rural da Pastoriza teñen o seu encanto, xa que en todas se viron reflectidas as mulleres como piar fundamental da nosa terra, coidando, traballando, desfrutando, colaborando…", explicaron desde o Concello.

 

0.13280391693115