Entregados en Cervo os alimentos da doazón da Xira Cicloturista

TerraChaXa | AMariñaXa
26 Dec 2020

O Concello de Cervo, da man do edil de Deportes, David Rodríguez,  fixo a entrega de alimentos correspondente á doazón da Xira Cicloturista da Peña Ciclista Lar Viveiro .

Esta doazón de alimentos destinada ás familias máis desfavorecidas do municipio son resultado da colaboración do Concello coa Peña Ciclista Lar, que é a encargada de organizar a Ruta Cicloturista que habitualmente transcorre polos municipios de Viveiro e Cervo.

Este ano, debido á situación derivada da pandemia, a xira fíxose de xeito virtual e unha parte da inscrición ía destinada á doazón de alimentos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17149186134338