Entregados en Friol os premios do primeiro Concurso de Tapas

LugoXa | TerraChaXa
Os galardóns foron para o gañador, o Restaurante Orixes, as tres persoas participantes no sorteo e a deseñadora do cartel
primeiro-premio-restaurante-orixes
6 Feb 2025

Entregáronse no concello de Friol os premios aos gañadores da primeira edición do Concurso de Tapas, que corresponden, tanto ao Restaurante Orixes como proposta gañadora, como ás tres persoas participantes que gañaron no sorteo, e tamén houbo uns agasallos para as rapazas que participaron no concurso de deseño do cartel.

Esta entrega fíxose despois do reconto dos votos emitidos, que se levou a cabo a semana pasada, e despois de facerse público que o establecemento gañador resultou ser Restaurante Orixes, coa súa proposta Polbo á grella con crema de pataca, crocante de xamón e aire de pementón, que acadou un 8,9 de nota media, e despois de saber tamén o nome dos premiados no sorteo.

En este acto de entrega no que estiveron presentes representantes de varios establecementos hostaleiros participantes, e membros do equipo de Goberno Municipal, tamén participaron todas as persoas gañadoras dos distintos premios. Estaban os representantes do Restaurante Orixes, tamén estaban as tres persoas premiadas que resultaron agraciadas no sorteo que se realizou entre os folletos válidos entregados nas distintas urnas (Juan Verde recibiu o 1º premio, Katia Pena levou o 2º premio, e o 3º premio recolleuno a nai de Lucía Varela), e tamén convocaron ás alumnas do centro escolar público de Friol que participaron no concurso de deseño do cartel, co que se promocionou o citado concurso de tapas, ás cales lles entregaron uns detalles por animarse a participar, e foron Antía Ramos Iglesias, Noemí Agruñá Fernández e Susana Pena Villar, que foi a que creou o deseño ganador.

O establecemento gañador recibiu un lote de produtos valorado en 300 euros, o primeiro premio do sorteo entre os participantes de este concurso consiste nun lote de produtos valorado en 200 euros máis 200 en efectivo. O segundo premio consta dunha viaxe para dúas persoa á Bodega Jaros (visita á bodega, ao viñedo e cata, ademais do xantar). E o terceiro premio son dúas botellas de viño Jaros e Adega d´Berna e un lote de produtos El Globo.

O alcalde, Jose Ángel Santos, sinalou “estamos satisfeitos dos bos resultados que tivo esta primeira edición do concurso de tapas, bos datos tanto pola implicación e a calidade que amosaron os establecementos hostaleiros participantes, como tamén pola alta participación que se viu durante todos os días que durou o concurso. Quero agradecer unha vez máis a implicación e a colaboración dos locais que participaron en esta primeira edición”.

0.16391396522522