Entregados en Muimenta os premios da campaña 'Merca no teu comercio'

TerraChaXa
A iniciativa, que rexistrou máis de 2.200 compras, repartiu 1.000 euros en tarxetas prepago entre os clientes que apoiaron o comercio local
COSPEITO compra no teu comercio premios
6 Nov 2025

A Casa da Cultura de Muimenta acolleu a entrega dos premios da campaña 'Merca no teu comercio', celebrada entre o 1 e o 15 de outubro nesta localidade e que contou cunha notable participación, superando as 2.200 compras rexistradas.

Durante o desenvolvemento da iniciativa, sorteáronse un total de 1.000 euros entre os consumidores que realizaron as súas compras nos establecementos participantes. Os premios repartíronse en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que os gañadores deberán empregar en novas adquisicións no comercio de proximidade.

A campaña 'Merca no teu comercio ten premio' busca incentivar as vendas e dinamizar a economía local nos municipios rurais galegos. Está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios de Muimenta.

O acto de entrega contou coa presenza de representantes das entidades promotoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Ana Iglesias, vicepresidenta da Asociación de Empresarios de Muimenta; Armando Castosa, alcalde de Cospeito; Carlos Teijeiro, coordinador institucional de Lugo de ABANCA, e Diego Barro, director da oficina de Muimenta da entidade bancaria.

⚙ Configurar cookies
0.080169200897217