Entregados en Vilalba os premios do concurso de escaparates

TerraChaXa
O primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para A Picouza e o segundo, de 400 euros, para O Peto Máxico
entrega-premios-concurso-escaparate
4 Jan 2025

A concelleira de Comercio, Mª Xosé Fernández, presidiu a entrega dos premios do Concurso de Escaparates, organizado polo Concello de Vilalba. O acto contou coa presenza do xurado, integrado polas artesás vilalbesas Mari Carmen López, Clara Naseiro e Lourdes Otero, ademais do vicealcalde Modesto Renda e da concelleira de Cultura, Mónica González.

Os criterios de valoración dos escaparates incluíron a creatividade, orixinalidade e complexidade, así como outros aspectos como a artesanía, deseño, calidade, atractivo comercial e a decoración acorde aos produtos á venda.

Tras unha análise detallada, o primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para A Picouza e o segundo, de 400 euros, para O Peto Máxico. Completou o podio Nedixa Creativa, que se leva 200 euros. Finalmente o premio das Redes Sociais (100 euros) foi para EdroDance.

Desde o Concello destacaron a alta participación, con 43 establecementos locais, e agradeceron a implicación do comercio vilalbés por encher as rúas de creatividade e dinamismo neste concurso que valoriza o comercio de proximidade.

0.16550803184509