Entregados en Xermade os premios do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2025

TerraChaXa
Un diploma, dous libros, unha axenda de peto, un xogo de bolígrafos de cores e unha bolsa de tela da biblioteca foron os agasallos
entrega-premios-biblioteca
30 Jun 2025

O Concello de Xermade fixo entrega dos premios da fase local do certame de narración e debuxo das Letras Galegas. Un diploma, dous libros, unha axenda de peto, un xogo de bolígrafos de cores e unha bolsa de tela da biblioteca foi o premio que levaron para a casa cada unha das persoas premiadas.

O alcalde Roberto García Pernas agradeceu a presenza e parabenizou a todas as persoas envoltas na realización dos traballos animando á rapazada a participar nestes certames de creación artística que o Concello se esforza en apoiar.

Na categoría de debuxo, resultaron premiadas no grupo A as alumnas Uxía Cazás Pardiñas, Sara García Campello e Carme Ruibal Saavedra. No grupo B, os galardóns foron para Raúl Pérez Amarelo, Lucía Puentes Lostre e Noa Román Pardiño. No grupo C, a gañadora foi Tamara López López.

Pola súa parte, na categoría de narración, os premios do grupo B foron para Elena Gato Ares, Lois Martínez Bermúdez e Xela Prieto Lomba. Ademais, concedeuse un accésit a Martina Fernández Salgado.

⚙ Configurar cookies
0.14867806434631