Entregados na Pastoriza os premios da Ruta das Tapas
A asociación de comerciantes local, Asapa, fixo entrega este venres dos premios aos gañadores da IX Ruta das Tapas. Nesta ocasión participarán cinco locais, 3 de Pastoriza (Xarope, Brétema e a Casa da Cultura), ademais de Taberna Germán da Reigosa e Carrizal da Regueira.
O Sorteo realizouse ante o Xuíz de Paz do Concello e o primeiro premio, dotado con 200 euros correspondeu a Eduardo Rodríguez. Seguido de Javier Teijeiro, que recibirá 100 euros e Ángeles Neira, con 40. O cuarto premio, un curso conducción PTC (valorado en 250 euros) foi para Miguel García; o quinto premio, un vale 50 euros no súper Atlántico correspondeu a Julio Castro e o sexto e último, un vale de 50 euros en Gasóleos O Acebreiro recaeu en Marcos Nieto.
Agás na pandemia, esta cita co tapeo realízase de forma continuada os últimos anos e reúne unha gran cantidade de público. As tapas terán un prezo de 2 euros e os locais e haberá seis premios, aos que só se poderá optar se se completa a ruta nos catro locais.
O obxectivo, coma sempre, é ofrecer unha actividade que promocione os produtos locais e invite á contorna a visitar este municipio.