Entregados os galardóns aos gañadores do certame de debuxo da Tradescola
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputación acolleu a entrega de agasallos dos finalistas do Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola.
4 Jul 2021
A Deputación acolleu a entrega de agasallos dos finalistas do Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola. Participaron máis de 200 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa oitava edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do patrimonio cultural.
Os finalistas foron:
- Lucía Maseda Fernández – CEIP Illa Verde de Lugo - 8anos
- Paula Núñez Cadenas – CEIP San Xoan de Becerreá - 6anos
- Leire Seivane Rey – CEIP O Cantel – Foz- 8 anos
- Martín Rivero Díaz – CEIP San Xoan de Becerreá- 6 anos
- Ainara Rey Porto – CEIP Antas de Ulla - 8 anos
- Paula López Afonso – CEIP Juan Rey – Lourenzá - 8anos
- Leonor Cabana Outeiro – CPI Castroverde - 9 anos
- Valeria Pillado Barros – CPI Castroverde - 7 anos
- María Nogareda Sánchez – CEIP Otero Pedrayo – Rábade 8-9 anos
- Laura Álvarez Gutierrez – CEIP A Ponte 9 anos