Entregados os premios da campaña do Comercio en Guitiriz

TerraChaXa
Desenvolveuse entre o 15 e o 30 de setembro na localidade, con máis de 1.000 compras rexistradas
comercio-guitiriz
8 Oct 2025

A Praza de Santa María de Guitiriz acolleu a Entrega dos Premios correspondentes á campaña Merca no teu comercio, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de setembro en Guitiriz, con máis de 1.000 compras rexistradas.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio ten premio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Concello de Guitiriz.

Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Paula Campo, tenente de alcaldesa de Guitiriz; e Mónica Folgueiras, subdirectora de oficina de Abanca en Guitiriz; entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.085609912872314