Entregados os premios do Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os campionatos de baristas e de cata de cafés do IES de Foz celebraranse nas instalacións do centro esta semana, de mércores a venres.
XV Concurso Internacional de Baristas de Foz 20232
9 Feb 2023

O deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu xunto ao alcalde de Foz, Fran Cajoto, áo acto de entrega dos premios do Campionato Internacional de Baristas, que organiza o IES de Foz e que se celebra nas instalacións deste instituto coa participación de centros de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, e Madrid.

O alumno do IES Sanxillao de Lugo Pablo López Trashorras quedou en primeira posición; a segunda clasificada foi a alumna do CIFP Paseo das Pontes Isabel Touriñá Canosa; e, o terceiro, o alumno do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, Jorge Domínguez Lorenzo.

García Pernas afirmou que dende a Deputación “apoiamos estas iniciativas que contribúen á profesionalización dun sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca da Mariña e da provincia”.

“Esta  cita congrega cada ano a estudantes e a profesionais dispostos a conseguir os trofeos que os recoñecerán coma os mellores baristas ou catadores de café, un recoñecemento que é toda unha carta de presentación nun sector chave no desenvolvemento do potencial turístico que temos na provincia”, subliñou o Deputado de Participación Cidadá, quen indicou que “os campionatos son tamén un escaparate para desfrutar en directo das habilidades dos mellores nesta ”.

Apoio da Deputación

Os alumnos e alumnas de 2º de Realización do Centro de Formación Audiovisual (CFA) da Deputación de Lugo son os encargados da emisión en directo a través de Youtube do XV Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e do IX Campionato Internacional de Baristas Profesionais, o que redunda nunha maior difusión e coñecemento.

Os estudantes do CFA, acompañados por un docente, empregan seis cámaras e todo o material preciso para a realización dun programa de televisión en directo. Cada alumno rota por todos os postos, como realización e operador de cámara, e son os responsables do son e dos rótulos, entre outras tarefas.

Ademais de servir de práctica nun escenario real aos alumnos, este directo a través de internet contribúe á promoción da provincia e do modelo educativo, público e de calidade, que promove a Deputación a través do seu Centro de Formación Audiovisual. Así mesmo, ao longo da retransmisión emítense promocionais tanto do CFA como da sección de Descubrindo Lugo que elabora o Servizo de Audiovisuais da institución provincial, destinada a fomentar o coñecemento do patrimonio natural, monumental, cultural e etnográfico da provincia.

XV Concurso Internacional de Baristas de Foz 20231
2023 Entrega premios baristas FOZ
0.15585398674011