Entregados os premios do Certame de Microrrelatos vilalbés

TerraChaXa
Os gañadores foron Carmen López, Marta Rodríguez, nas categorías infantil e xuvenil, e Sonia Corral, na de adultos
certame-de-microrrelatos-vilalba
8 Sep 2025

O Concello de Vilalba fixo onte entrega dos premios aos gañadores da VII Edición do Certame de Microrrelatos, un concurso organizado en colaboración con Culturalia GZ co obxectivo de conmemorar o Día do Libro 2025 e fomentar, ao mesmo tempo, o achegamento da veciñanza á lectura.

Na categoría infantil, o primeiro premio foi para Carmen López Tenreiro coa obra O libro máxico; o segundo correspondeu a Duarte Mariño Torrado por Enciclopedia natural; e o terceiro recaeu en Lois Herva Rodríguez por A casa abandonada.

Na categoría xuvenil, o xurado distinguiu con o primeiro premio a Marta Rodríguez Domínguez por Segunda hora, e con o segundo a María Paz Miragaya por Humanidade, quedando deserto o terceiro.

Finalmente, na categoría adulto, o primeiro premio foi para Sonia Corral Franco coa obra (Da)nada; o segundo para Jennifer Santín Vivero por Equilibrio literario; e o terceiro para Pablo Grande Estévez por Cando chovía.

Este certame consolídase un ano máis como unha cita literaria de referencia no municipio, que pon en valor a creatividade da veciñanza e a importancia da lectura como ferramenta de expresión e cultura.

⚙ Configurar cookies
0.16253900527954