Entregados os premios do concurso de decoración de Nadal en Xermade
A casa consistorial de Xermade acolleu onte a entrega de premios do III Concurso de Decoración de Nadal, do que formaron parte como membros do xurado o alcalde Roberto García Pernas, como presidente, e as vogais Tamara Rodríguez López, deseñadora e xerente de Mobelrías (Vilalba); Miriam Alonso Domínguez, auxiliar de biblioteca do Concello, e Nuria Lagüela Felpeto, traballadora social de Xermade.
Dentro do grupo de vivendas, na categoría de Árbore de Nadal o gañador foi Xenxo Romero Díaz (Momán). Na de nacemento/belén o premio foi para Pilar Gesto Carballo (Xermade). En decoración xeral interior gañou Aroa Blanco Prieto (Cabreiros) e na de exterior: Esther Roca Barro (Roupar).
Ademais, na categoría de negocios, que só había un premio, este foi para Ramón Vázquez Rial de Seawind Global Energy SL (Roupar).
A participación foi de 31 personas nas catro categorías de vivendas, con maior rexistro na de decoración exterior, con 12 participantes. Só dous negocios anotáronse ao concurso.