Entregados os premios do concurso de decoración de Xermade
Un total de 41 persoas participaron no primeiro concurso de Decoración de Nadal posto en marcha polo Concello de Xermade este mes de decembro.
No grupo de negocios participaron só 4 persoas, pero no de vivendas, participaron 37. Onde máis participación se rexistrou foi na de árbores de nadal, na que houbo 12 propostas e na que Montserrat Amarelo Cabarcos, da parroquia de Burgás, fíxose co primeiro premio.
En decoración exterior foron 11 as propostas e destacou entre elas a de Esther Roca Barro, de Roupar. Para a decoración interior destacaron o papel de Sandra de Bernardo Eimil, de Cazás, que quedou por riba nas 9 propostas presentadas, mentres que en nacementos a vitoria foi para Adela Paz Balsa, de Cabreiros, a mellor de 5 aspirantes.
O negocio vencedor do concurso foi o Bar Casa, en Xermade, a cargo de María Elena Peleteiro Cespón.