Entregados os premios do concurso de Entroido de Begonte no pavillón de Baamonde

O pasado sábado celebrouse no pavillón de Baamonde o concurso de Entroido organizado polo Concello de Begonte, nunha xornada marcada pola creatividade, o humor e a alta participación. O certame reuniu propostas de todas as idades e categorías, consolidándose como unha das citas máis destacadas do Entroido no municipio de Begonte.
Na categoría individual infantil, o primeiro premio foi para Mouchos que bailan, o mal espantan!, seguido de Una ardillita algo hada e O bosque máxico, mentres que o accésit recaeu en Toda unha vida xuntos. Nos premios especiais do Concello de Begonte desta categoría foron recoñecidos Máis cartón que glamour e Patacas novas.
Na categoría individual de adultos, o xurado outorgou o primeiro premio a O ourizo do souto galego, o segundo a Renacer entre ás… ao dente!! e o terceiro a A tortuga entre botellas, sendo o accésit para A dona dos monicreques. Os premios especiais do Concello recaeron en Pedro e Wilma (Picapiedra) e Fantasma de la Ópera.
En mascaradas, Alice acadou o primeiro premio, seguido de Carrusel e Os peliqueiriños de Vilalba. Os premios especiais do Concello foron para Monstruíños e O soño de Tiana, mentres que os accésits recaeron en A Tartaruga e a lebre e Os Pitiños.
Na categoría de comparsas, o primeiro premio foi para Xaque á intolerancia na Chaira, seguido de Os edro de jarana na sabana, Funko Fest, Expediente Terra Chá e Fábrica de doces. Os accésits recoñeceron a Entroidos galegos, As zumbadas dos Alpes, Os tesouros do mar, Supermario Family e Autos Pirin. Ademais, os premios especiais do Concello de Begonte foron para Granxa Pío Pío e Mandilón Fashion en Begonte.