Entregados os premios do concurso de marcapáxinas de Rábade
TerraChaXa
Todos e todas levaron un diploma e un agasallo
Entrega de premios
22 Jun 2024
O Centro Sociocultural de Rábade acolleu a entrega de premios do Concurso de Marcapáxinas convocado polo Concello de Rábade con motivo do Día das Letras Galegas 2024.
Entregáronse tres premios por categoría. A) De 6 a 8 anos. B) De 9 a 11 anos. C) De 12 a 14 anos.
Todos e todas levaron un diploma e un agasallo, nun acto presidido pola alcaldesa, Reme González.
Na categoría A, o primeiro premio foi para Area Barreiro Barja, seguida de Yanira Casanova Rábade e Lucas Engroba Bóveda.
Na B foi Arosa Casanova Rábade a gañadora, seguida de María Fernández Rodríguez e Unai Vázquez Varela.
Finalmente, na categoría C, María Nogareda Sánchez fixo o deseño mellor valorado, seguida de Claudia López Pérez e Christian Castelo Purriños.