Entregados os premios do concurso de postais de Nadal de Rábade
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade entregou os premios do concurso de postais de Nadal, que llega á XVII edición.
31 Dec 2023
O Concello de Rábade entregou os premios do concurso de postais de Nadal, que llega á XVII edición. A alcaldesa de Rábade, Reme González, e o concelleiro Carlos González, foron os encargados de facer a entrega.
As vencedoras foron Yenli Milagros (Categoría A, de 3 a 5 anos), Yanira Casanova (Categoría B, de 6 a 9 anos) e María Nogareda (Categoría C, de 10 a 14 anos).
Tamén levan premio o 2º e o 3º posto. A dotación dos premios é de 60 euros para o primeiro, 40 para o segundo e 20 para o terceiro. Deberán ser canxeados no comercio de Rábade.
O Concello dálle os parabéns a todos e todas e as grazas por participar no concurso.