Entregados os premios do concurso de postais de Nadal de Vilalba

TerraChaXa
Desde o Concello trasladaron os parabéns a todas e todos os participantes polo seu magnífico traballo e pola imaxinación demostrada
entrega-premios-postais-de-nadal-vilalba
15 Dec 2025

A concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, xunto co concelleiro Luis Fernández, fixeron entrega dos premios ás gañadoras e gañadores do concurso de postais de Nadal, unha iniciativa que volveu poñer de manifesto a creatividade e o talento da cativada do municipio.

Na categoría infantil, o primeiro premio foi para Elena Lindín Bermúdez, seguida de Samuel Rojo Cabarcos e Sabela Pena Rouco. No grupo de primeiro a terceiro de Primaria, resultou gañador Leo Paz Balsa, con Naira De Vicente Vázquez no segundo posto e Mara Fernández Gacio no terceiro. Na categoría de cuarto a sexto de Primaria, Ivana Debasa González acadou o primeiro premio, mentres que Sofía Alvariño Villares e Daniela Agrelo Ferreiro obtiveron o segundo e terceiro, respectivamente.

Desde o Concello trasladaron os parabéns a todas e todos os participantes polo seu magnífico traballo e pola imaxinación demostrada. Ademais, anunciaron que proximamente os fogares do municipio recibirán a postal seleccionada, que será utilizada como felicitación oficial do Nadal por parte da administración local.

⚙ Configurar cookies
0.077975034713745