Entregados os premios do concurso de postais de Nadal de Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Jan 2020

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente mes e medio unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados no concurso na categoría Preescolar foron Hugo Pita Rodríguez, Erik Gradaille González e David Burgos Peloche.  

Na categoría 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Carla Rey Vale, o segundo para Paula Pérez Teijeira e o terceiro para Blanca Casariego Mariño.

En 3º e 4º de Primaria Aroa Pita Rodríguez foi primeira, Carlota Eijo Rodríguez segunda e Paula Sánchez Pernas terceira.

Na categoría 5º e 6º de Primaria os gañadores foron Diana Maseda Rivas, Uxía Gradaille Durán e Andrea Eijo Rodríguez. 

E por último na categoría de 1º a 4 º de Eso Soukaina Adourou foi a primeira, Xenxo Salgueiro Franco o segundo e Alicia Fernández Vicente a terceira. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11498999595642