Entregados os premios do Mercado de Nadal de Muimenta
A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, fixo entrega dos 11 vales de cen euros correspondentes á XIV edición do Mercado de Nadal, no que se repartiron 19.000 papeletas en 28 negocios da localidade.
A entrega dos mesmos tivo lugar este xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no local que o colectivo empresarial ten na Casa da Cultura de Muimenta.
O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 89.603. Polo tanto, as 19 papeletas que se repartiron, rematadas en 603, foron agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas. Só apareceron once dos 19 agraciados. Así os premios foron para Sesa Novo Anllo, que obtivo o seu boleto na Estación de Servicio Lagas; Elena Anllo Veiga, en Docería Anllo, Ignacio Ballestero, en Panadería Hermo e Asesoría Suliña; Maribel García Cabado, en Desexos; Tino Agrelo Hermida, en Bar Alvariño; Lidia López Correa, en Supper Setti; Atilano Ónega Fernández, en Perruquería Velyca; Manuel Amoroso Alvarez, en Discoteca Hermo; Amadora Saavedra Fernández, en Frotería Novo, e Vanesa Vizcaino Rodríguez, en Repuestos París.
Tamén quedaron papeletas con premio sen gañador en Parrillada Bañal, Supermercado A Tenda, Piensos Germán Naval, Farmacia Castaño, Mercedes Abelleira Riveiro e Perruquería Ofelia.
Os agraciados e teñen de prazo un mes para gastarse o seu vale nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta.