Entregados os premios do primeiro sorteo dos Xoves de Tapeo de Vilalba
A asociación empresarial Sete Pontes continúa en Vilalba coa súa campaña orientada a impulsar a hostalaría do termo municipal. Polo tanto, continúa en marcha a iniciativa que se desenvolve todos os xoves e que leva o nome Todos os xoves Xatapeo e Xacopeo en Vilalba e consiste en repartir entre os consumidores da hostalaría local diferentes premios.
O local da asociación acolleu xa a primeira entrega de premios, na que resultaron agraciados Tomás Tengido, cunha estancia de unha noite con almorzo nunha casa de turismo rural; Iván Cruz, con dous botellóns de viño; Ana Díaz, cun vale para a Estación de Servicio Polígono, e Moisés Carballeira Cortiñas, cunha cesta de Nadal.
Entregaron os premios Manolo Silvosa e Moisés Carballeira Fernández, secretario e representante de hostalaría e tesoreiro da Asociación de Empresarios Sete Pontes, respectivamente.
A CAMPAÑA
Para participar, a clientela recibirá unha tarxeta que terá que selar coas súas consumicións dos xoves en polo menos cinco locais distintos. Unha vez cuberta a papeleta, depositarase nunha urna que haberá en cada establecemento.
Cada mes haberá premios diferentes e en xaneiro os participantes entrarán no sorteo dunha estancia para dúas persoas dunha noite nunha casa rural, dúas botellóns de Ribeira del Duero Tamiz, un vale para a gasolineira do polígono industrial e unha entrada para dúas persoas para ver ao CD Lugo na xornada 27 co Amorebieta.
Unha trintena de establecementos vilalbeses están integramos nesta iniciativa, na que non hai límite de participación por cliente.