Entregados os premios en Xermade do concurso de fotos sobre a muller
TerraChaXa
Fixeron entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do concurso de fotografía MuXer: Muller de Xermade convocado polo Concello.
16 Mar 2021
O alcalde do Concello de Xermade, Roberto García Pernas, e a Concelleira de Benestar social e Igualdade, Nélida Coira Pena, fixeron entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do concurso de fotografía MuXer: Muller de Xermade".
A gañadora do concurso foi Carmen Blanco Purriños, por Sempre labrega, que recibiu 300 euros de premio; seguida de Laureano de Bernardo Paz, por Nunca é tarde, con 200 euros de premio, e Leticia Alvite Pernas, coa foto Estercando na leira das patacas.
O Concello de Xermade convocou o concurso de fotografía MuXer: Muller en Xermade con motivo da celebración do 8 de marzo co obxectivo de trasmitir unha participación activa das mulleres na sociedade e promovendo a igualdade.