Entregados os premios Vilariñas en Ponteareas
TerraChaXa
Este ano, o acto de entrega dos premios do Certame Vilariñas quedou suspendido nun primeiro tempo por causa da covid-19.
8 Out 2020
Este ano, o acto de entrega dos premios do Certame Vilariñas quedou suspendido nun primeiro tempo por causa da covid-19. Por iso, o grupo convocante, Nova Poesía Guitirica aproveitou o encontro poético do pasado domingo en Ponteareas para entregar a Vilariña á gañadora deste ano, Pilar Alonso, por Versos de Area.
A próxima semana, Adrea Fernandez Maneiro e Suso Bahamonde recibirán tamén as figuras criadas por Viki Rivadulla e que son xa a imaxe identitaria do certame de micro-poesía.