Entregan en Vilalba o premio á gañadora do Reto Lector do 2022

TerraChaXa
O Concello de Vilalba entregou o premio á gañadora do sorteo realizado na Biblioteca Municipal entre os que participaron no Reto Lector
premio Reto Lector 2022
26 Xan 2023

O Concello de Vilalba entregou o premio á gañadora do sorteo realizado entre as usuarias e usuarios da Biblioteca Municipal que participaron no Reto Lector 2022. A afortunada foi María Paz Gesto Ferreiro, que se levou un lote de libros valorado en 100 euros.

O sorteo realizouse o pasado 17 de xaneiro ás 18:00 horas, actuando como presidenta e secretaria, respectivamente, a concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Antía Rama Rivas, e a bibliotecaria, Iria Currás Gato, coa intervención como man inocente de José Serafín Lamas Chao.

A Biblioteca Municipal do Concello de Vilalba realiza esta actividade co obxectivo de fomentar a lectura e crear o hábito de visitar a biblioteca, como espazo público de lecer entre os e as usuarias xuvenís e adultas.

O concello de Vilalba anima aos veciños a participar no Reto Lector 2023, que comezará proximamente.

0.10482501983643