Entregan na bilblioteca vilalbesa os premios do Reto Lector 2024

TerraChaXa
Ledicia Prestes, Pepita Sotelo, Judith Gómez e Nerea Martín foron as gañadores desta edición
ganadores-reto-lector-vilalb
29 Jan 2025

A Biblioteca Municipal acolleu o acto de entrega de premios do Reto Lector 2024. A alcaldesa, Marta Rouco, acompañada pola concelleira de Educación, Paula Vigo, e a bibliotecaria, Atenea Ruibal, fixeron entrega dun lote de libros ás gañadoras desta edición, destacando o éxito desta iniciativa que contou con preto de 130 participantes que completaron o reto.

Entre os premios, destacaron a lectora máis nova, Ledicia Prestes, e a lectora de maior idade, Pepita Sotelo, en completar o desafío, ademais das persoas gañadoras dos sorteos nas categorías infantil, Judith Gómez, e adulta, Nerea Martín, realizados entre todos os participantes que superaron o reto.

Desde o Concello agradecen a participación de todos e todas e felicitan ás persoas premiadas, destacando o compromiso coa lectura demostrado pola comunidade. Xa está en marcha o Reto Lector 2025, e as cartillas poden recollerse na Biblioteca Municipal.

0.16330790519714