Entregan no ceip de Xove o libro elaborado polos alumnos

TerraChaXa | AMariñaXa
Entregan no ceip de Xove o libro elaborado polos alumnos. Trátase dun traballo financiado polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero
22 Dec 2020

A Delegación Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co Ceip Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, un proxecto socioeducativo consistente na elaboración do conto O bote das bolboretas, realizado polos nenos e nenas de 5º de Primaria, sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia.

O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos ejemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do Ceip Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns ejemplares no IES Illa de Sarón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16083812713623