Entregan os diplomas aos alumnos da UNED Sénior de Xermade e Guitiriz
TerraChaXa
O Programa está orientado á formación dos nosos maiores no rural
22 Dec 2024
Celebrouse na Coruña a entrega de diplomas ao alumnado dos concellos de Xermade, Guitiriz, Monfero, Paderne, Lousame e Brión que participa no Programa UNED Sénior.
A este acto, organizado polo Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia, acudiu o alcalde xermadés, Roberto García Pernas, acompañando á veciñanza do municipio e de outras autoridades.
O Programa UNED Sénior está orientado á formación dos nosos maiores no rural para enriquecer os seus coñecementos e tamén á realización de actividades culturais e actuacións de lecer.