Entrepinares doa 324 kilos de queixo a familias vulnerables da provincia
Un ano máis o Grupo Entrepinares, empresa familiar do sector agroalimentario dedicada á fabricación de queixos e derivados lácteos, fai unha doazón de producto para familias en situación de vulnerabilidade.
Neste caso son un total de 324 quilogramos de queixo que serán entregadas ás familias a través de Cruz Vermella.
A empresa vilalbesa ten realizado doazóns deste tipo noutras ocasións e todos os anos participa dalgún xeito en distintos programas de axuda. Os obxectivos son difundir os beneficios do consumo de proteína natural como son os produtos lácteos, facilitar a quen máis o necesitan o acceso a proteínas de alto valor biolóxico e poñer en valor o traballo de gandeiros, produtores e veterinarios que traballan día a día en compañías como Grupo Entrepinares para que alimentos da mellor calidade, como é o caso do queixo, cheguen aos fogares nas mellores condicións posibles.
O queixo achega proteínas, graxas, hidratos de carbono simples, vitaminas como A, D, E, B2 e B12 e minerais como o calcio, fósforo e potasio. É unha das principais fontes de calcio que existen, un mineral fundamental para a saúde dos ósos e dos dentes. Ademais a absorción do calcio vese favorecida pola proteína que contén o queixo. Tan só unha porción diaria de queixo pódenos proporcionar a achega láctea que necesitamos para estar sans, xa que inclúe todos os aminoácidos necesarios para que o noso organismo funcione correctamente. O queixo é un elemento importante dentro dunha alimentación completa e equilibrada, razón pola cal a OMS recomenda o seu consumo.