Entrepinares presenta as súas novas instalacións de Vilalba

TerraChaXa
O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, visitou as novas instalacións de Entrepinares en Vilalba.
ConselleiroMedioRural VisitaEntrepinares_2
18 Xan 2020

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, visitou as novas instalacións de Entrepinares en Vilalba. O conselleiro puido coñecer de primeira man a nova factoría, de 20.000 metros cadrados, que permitirá duplicar o potencial de produción da compañía na localidade a través dunha tecnoloxía disruptiva en España. Esta fábrica supón un salto cualitativo do sector queixeiro en España e sitúa á factoría vilalbesa de Entrepinares ao mesmo nivel tecnolóxico que as empresas europeas líderes no sector.

Dentro da nova instalación introdúcense tecnoloxías que só están presentes nas fábricas máis vangardistas no sector quesero. Inclúense tecnoloxías que reducen o consumo de auga na elaboración do queixo. Desde o punto de vista da prevención de riscos, esta instalación é moito máis segura para os traballadores xa que a inspección visual é óptima e ten moi boa accesibilidade para tarefas de mantemento.

A nova factoría é modular e ten unha capacidade inicial de produción de 15.000 toneladas/ano centrádose na elaboración de queixo de pasta prensada en barras e bloques. Adicionalmente o produto lonchearase e envasarase na mesma instalación.

Por outra banda, o soro que se recolle é de alta calidade. A súa proximidade coa torre de soro, posta en marcha polo Grupo en 2018, permite procesalo canto antes mantendo intactas todas as súas propiedades e ofrecendo un produto de gran valor engadido. Esta nova torre de soro destaca pola súa tecnoloxía punteira, a súa capacidade de produción e a súa versatilidade.

No último ano Entrepinares incorporou a 46 traballadores ao seu persoal de Vilalba para a definición, organización e posta en marcha da nova factoría e para o reforzo da torre de soro. Segundo José Manuel García Bejines, Director Xeral da compañía, “o bo facer do equipo de profesionais que dispoñemos en Vilalba está a axudarnos a cumprir prazos e a controlar unha instalación que, probablemente, sexa das máis avanzadas de Europa”. Entrepinares ten previsto contar con máis de 220 persoas traballando na factoría vilalbesa á finalización do proxecto.

A planta de Vilalba xerou ao peche de 2019 preto do 37% da produción total da compañía e con este plan de expansión chegará nos próximos anos ao 50% do volume do grupo. Unha parte relevante da produción da fábrica comercialízase nos lineais de Mercadona.

Entrepinares, empresa familiar do sector agroalimentario, é o primeiro produtor nacional de queixos cun volume anual superior aos 69 millóns de kg. O grupo lácteo foi fundado no ano 1984 por Antonio Martín Castro, vinculado ao sector quesero por tradición familiar, e conta con catro centros de produción en Vilalba, Valladolid, Fuenlabrada e Toledo; un centro de envasado e loxística situado na capital valisoletana; e dúas plantas de transformación de soro situadas en Vilalba e Castrogonzalo (Zamora).

200117_MR_Entrepinares I
0.22534394264221