Entrevista: "A xente demanda calzado de calidade para os seus nenos"
Marisol colleu a xestión da zapatería infantil fai 3 anos, esta tenda especializada en calzado de calidade atópase situada na céntrica e comercial rúa Placido Peña de Vilalba.
A que público ou a que idades vai dirixida a tenda?
Traballo con marcas especialistas en calzado para nenos e tamén para os primeiros pasos, a franxa de idade dos meus clientes é desde os 0 anos ata os 14 anos máis ou menos. Desde pre-andantes ata adolescentes.
Cales son as necesidades que te cada un? Ou son as mesmas?
Non, claro que non son as mesmas. O neno que empeza a andar necesita un calzado especializado con súa horna especializada, mentras que un rapaz que xa camiña ten un calzado con unha tipoloxía máis normal por dicilo así comunmente.
Que define a compra de un determinado produto?
A compra do calzado defínea sempre a tempada na que nos encontremos. Non é mesmos a tempada de inverno que de verán. En verán buscase un zapato fresco como poden ser os de loneta ou as sandalias. Cando empeza a tempada de inverna pois pensamos máis na volta o cole, os clientes pídenche algo que sexa resistente, eu traballo con marcas que se dedican a zapatos de gama alta e que presentan unha alta duración.
Entón os teus produtos considéralos de gama alta?
Pois se tivera que encadrala si, diría que traballo con gama alta. Por exemplo unha das marcas que traballo é Pablosky que ten certificados asinados por podólogos, xa non só pediatras senón tamén podólogos. Traen uns compoñentes preparados as necesidades de cada idade e situación do neno. Para min isto é fundamental porque estamos calzando o neno na súa etapa de formación e de crecemento. Temos que coidar moito os primeiros pasos do neno e os inmediatamente seguintes xa que é o momento no que forma a pisada, e afecta non só os pés senón a columna e a estrutura corporal, son da opinión de que non debemos escatimar na calidade do calzado pola saúde dos nosos pequenos. Procuro sempre proverme de marcas que me garantan alta calidade.
Que outras marcas traballas máis que a xa mencionada Pabloski?
Traballo Geox, Andanines e outras marcas europeas, case todas españolas, con certificados de calidade emitidos por persoal independente cualificado.
O Gato con botas, aínda que especializado en calzado, ten outra serie de produtos complementarios, que máis podemos atopar na tenda?
Pois temos unha pequena liña de complementos como poden ser camisetas, deportivos de luces que son ao mesmo tempo que calzado algo divertido para os nenos que é algo moi demandado para facer un regalo diferente e o mesmo tempo útil, temos lotes de calcetíns, mochilas para o colexio, gorras que utilizan moito nas garderías e en infantil. De estes complementos non teño unha colección moi ampla pero as marcas que traballamos teñen as licenzas de Disney ou mesmo de Marvel.
Seguen funcionando os produtos de debuxos clásicos?
É incrible pero si. Aquí quen escolle o modelo son os nenos en función dos seus gustos e debuxos preferidos, pero os clásicos de Disney como Micky e Mini ou heroes coma Spiderman seguen sendo das cousas máis demandadas. Tamén temos debuxos máis actuais como as de Pepa Pig, Patrulla Canina, Baby Sharck, Ladybug. Estes son produtos que non encontramos noutras tendas normalmente.
De onde proceden os teus clientes fundamentalmente?
Fundamentalmente de Vilalba e a comarca. Temos moita xente dos concellos que nos rodean pero tamén de As Pontes, incluso de Lugo. Creo que é porque intento ter cousas que non se encontran noutras tendas de maneira habitual. Os clientes cando veñen dinme que buscaron certo calzado en outros lados e non o encontraban e na miña tenda pois si. A veces valorámonos pouco, pero Vilalba ten unha cantidade de comercio impresionante. Moita xente sorpréndese cando chega e non se espera ter a variedade de tendas de roupa de maiores e de nenos, de accesorios, de calzado, de decoración e todo isto en diferentes gamas e prezos a verdade e que temos moito que ofrecer aos consumidores, e debemos loitar por que siga sendo así.
E o consumidor da comarca, demanda calidade?
A verdade e que pola miña experiencia, creo que si, que temos veciños moi esixentes. Incluso co tema da Covid non vin que baixara ese nivel esperado nos produtos. A xente valora que os seus nenos teñan confort e seguridade no calzado dos máis novos. Moitas veces, como ven que uns ou outros produtos saen ben aconsellan a amigos e outras persoas para que veñan a verme.