Entrevista: "Creo que a música é un piar básico na educación"

TerraChaXa
Marta Pacín, lucense de nacemento pero chairega de corazón, vai representar á Terra Chá no concurso de Recantos do Luar
marta pacin2
28 Ago 2021

Marta Pacín, lucense de nacemento pero chairega de corazón, vai representar á Terra Chá no concurso de Recantos do Luar.

Onde naceu?

Nacín en Lugo aínda que mudei a Castro Ribeiras do Lea por amor. O meu marido é de San Martiño de Goberno e aquí vivín uns cantos anos, incluso tiven aos meus fillos nesta terra.

A paixón pola música dende cando lle vén?

Pois desde moi pequena a verdade. Sinto paixón por ela a pesares de que non teño na familia ninguén que se adique a elo. Cando era cativa tomei clases de guitarra e clases de canto.

Traballa en algo relacionado coa música?

Non exactamente. Nos meus comezos eu traballei en varias orquestras durante uns 10 anos e despois saquei a praza de maestra xa que estudei Maxisterio musical e son profesora de Educación Infantil. Pero levo ao cole a guitarra e canto moito cos pequenos.

Pode compaxinar traballo e música?

Perfectamente. Misturo ben as dúas tarefas xa que miña metodoloxía a baseo na música porque en infantil paréceme que é moi importante tanto para o coñecemento como para traballar emocións. Ademais creo que a música e un piar básico na educación.

Como afronta a súa participanción en Recantos?

A verdade é que estou moi ilusionada e tamén con algo de nervios porque levo tempo sen cantar en escenarios pero teño moitas ganas. O concurso comeza agora o 10 de setembro aínda que xa fixemos unha pequena presentación así que afronto o concurso con algo máis de experiencia que o anterior no que participei.

Algunha novidade para o futuro?

De momento centrarme no concurso, na miña profesión e na miña familia. Ademais estou preparando unha canción adicada a Terra Chá que fala sobre o pasado e a historia da comarca que contará cun videoclip que gravaremos na zona cunha rapaza de Castro.

marta pacin 1
0.13899993896484